Actividades

De carácter histórico:

O desenvolvemento de Oia aparece ligado na Idade Media á fundación do mosteiro de Santa María de Oia por parte do rei Afonso VII en 1132. Este mosteiro cisterciense esta emprazado fronte ao mar e é de estilo gótico.

Na zona  consérvanse vestixios arqueolóxicos de grande interese como as estacións de arte rupestre de Cabeciña, en Mougás; Pedra do Cazador, en Pedornes, con escenas de caza; Pedra Escrita, en Burgueira, coa gravura dun enorme labirinto de 110 cm. de diámetro; ou Auga dos Cebros, en Pedornes, onde se representa unha embarcación co seu mastro e velame.

De carácter tradicional:

En Oia  mantense viva a tradición da Rapa das Bestas. A existencia de cabalos xa está documentada nalgúns petroglifos da comarca, pero foron os monxes do mosteiro os que lle deron un pulo á crianza de bestas en liberdade.

Na actualidade nas abas da serra, entre Gondomar e A Guarda, pastan durante todo o ano centos de cabalos salvaxes. Na primavera son reunidos para seren marcados nos curros. O curro da Valga abre en maio a tempada da rapa das bestas, que continúa co de Torroña , sigue co de Mougás, o segundo domingo de xuño,  e no terceiro domingo de xuño co de Morgadáns.

Parapente

Sendeirismo

Deportes marítimos (pesca, vela, surf, mergullo..)

Equitación

Talasoterapia