Como chegar

Dende Vigo o máis doado é coller a autoestrada a Baiona e seguila ata o final, en Baredo; dende alí hai que empatar coa PO-552 que continúa cara á Guarda pola costa. A uns 12 quilómetros, no Km. 29, coller unha desviación á esquerda en dirección a Mougás e Viladesuso.

Aproximadamente a uns 200 m hai que coller unha nova desviación á dereita que conduce a Viladesuso.

Un km despois, antes de entrar en Viladesuso, unha pista á esquerda conduce a Serra Seca de onde parte un camiño (100 ms.) que leva directamente a Budiño de Serraseca.

Dende A Guarda, coller a PO-552 cara a Baiona e a uns 15 km, ao final do km 30, case que no Km 29, desviarse á dereita en dirección a Mougás e Viladesuso. Dende aquí seguir as indicacións que se dan para a chegada dende Vigo.