CONTORNA
Onde nos atopamos?
Budiño de Serraseca localízase en Viladesuso, concello de Oia (comarca do Baixo Miño) entre Baiona e A Guarda, moi preto de Portugal e a 30 km de Vigo. A menos dun km de Budiño de Serraseca pódese gozar do mar nunha costa rochosa de singular beleza.
O seu clima está moi influenciado pola proximidade do océano, o que fai que as temperaturas sexan suaves durante todo o ano.
MOSTEIRO DE
SANTA MARÍA DE OIA
O desenvolvemento de Oia aparece ligado na Idade Media á fundación do mosteiro de Santa María de Oia por parte do rei Alfonso VII en 1132. Este mosteiro cisterciense está situado fronte ao mar e é de estilo gótico.
VESTIXIOS ARQUEOLÓXICOS
Na zona conévanse vestixios arqueolóxicos de gran interese:
- As estacións de arte rupestre de Cabeciña, en Mougás
- Pedra do Cazador, en Pedornes, con escenas de caza
- Pedra Escrita, en Burgueira, co gravado dun enorme labirinto de 110 cm de diámetro
- Auga dos Cebros, en Pedornes, onde se representa unha embarcación co seu mástil e velame
A RAPA DAS BESTAS
En Oia mantense viva a tradición de A Rapa das Bestas. A existencia de cabalos xa está documentada en algúns petróglifos da comarca, pero foron os monxes do mosteiro os que deron impulso á crianza de animais en liberdade.