FINCA

No río, entre a serra e o mar.

Budiño de Serraseca ocupa un lugar ecoloxicamente privilexiado, na Serra Do Argalo, ao pé do Campo de Ocaladiñeira e do cordal que separa a parroquia de Viladesuso da veciña de Mougás. A finca de 5.000 m2, xunto ao río Broi, conserva a vexetación propia dos bosques de ribeira.

Salgueiros, amieiros, loureiros e sabugueiros, son, xunto con carballos e castiñeiros, as especies máis abundantes. Estas acollen unha variada fauna con aves entre as que destacan diferentes especies de ferreiriños, lavandeiras, merlos, pimpíns, carrizas, gaios, cucos… nos meses de primavera e verán, e verdos, tordos, picas, papamoscas negro… no inverno.

Conxunto Etnográfico.

Budiño de Serraseca conserva varias construcións (hórreo, muíño de auga, lavadoiro e presa do liño) que acreditan o seu pasado de próspera casa de labranza.

Scroll ao inicio